26 Mar 2020

ACORDO DO CENTRO DE COORDINACIÓN OPERATIVA DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, DECLARADA POLO ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA DO DÍA 13 DE MARZO DE 2020, COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA EPIDEMIA DO CORONAVIRUS COVID-19

0 Comentarios

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 declarou a situación de emerxencia sanitaria de interese galego e activou o Plan territorial de Emerxencias de Galicia coa conseguinte asunción de todas as actividades de emerxencia polo titular da Presidencia da Xunta de Galicia ou persoa en quen delegue.

A activación do Plan implicou a constitución do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), co obxecto de garantir o funcionamento e a operatividade do Plan.

Outras funcións que determinou o Cecop.

Terceiro. Medidas de suspensión da apertura ao público de determinadas actividades:

Por solicitude dos Colexios Oficiais de Logopedas, Podólogos e Fisioterapeutas, disponse como medida cautelar a suspensión temporal da apertura ao público dos centros e
establecementos de logopedia, podoloxía e fisioterapia en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, por non poder garantirse unha asistencia segura aos pacientes ante a situación de illamento, sen prexuízo de permitirse, se é o caso, os tratamentos urxentes ou inaprazables.

Quinto. Modificación do punto décimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa:

“Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de seis unidades permanecerá, a partir do luns 23 de marzo, unha persoa do equipo directivo do centro o tempo que considere preciso para atender o alumnado e as familias, así como para a verificación do funcionamento das infraestruturas tecnolóxicas do centro e do estado do propio edificio educativo”.

Sexto. Medidas extraordinarias en materia de vivenda:

– O Instituto Galego da Vivenda e Solo non presentará ao cobramento mediante domiciliación nin exixirá o pagamento inmediato dos recibos do alugamento das vivendas de
promoción pública e dos locais comerciais da súa titularidade correspondentes ao mes de abril de 2020.
– O Instituto Galego da Vivenda e Solo adoptará as medidas oportunas para posibilitar que a axuda concedida ao abeiro do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero poida alcanzar a totalidade da renda que teñen que pagar as persoas beneficiarias dos programas no vindeiro mes de abril de 2020.

Sétimo. Restrición da actividade cinexética:

Por petición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, adóptase o seguinte acordo que precisa as seguintes condicións das actividades non prohibidas:
– Excepcionalmente, e como medida de control, poderán autorizarse accións de caza de especies cinexéticas, que deberán ser executadas por un só cazador, nos seguintes
supostos:
a) Con ocasión de graves danos xeneralizados á agricultura ou á gandaría;
b) Como consecuencia de accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico;
c) No suposto de graves riscos en sanidade animal (prevención da entrada da peste porcina africana).
– En todos os casos anteriores, as xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda comprobarán previamente os riscos, continxencias ou o grao de inseguridade.

Oitavo. Suspensión da actividade da Inspección Técnica de Vehículos:

Tendo en conta o criterio anunciado polas autoridades delegadas competentes do Goberno do Estado relativo á obrigatoriedade de pechar os servizos das inspeccións técnicas de vehículos en toda España, adóptase a medida de suspensión temporal da actividade do servizo público de Inspección Técnica de Vehículos en Galicia, incluídos os servizos mínimos aprobados no Acordo do Cecop do 18 de marzo de 2020.

Décimo. Medidas para a aplicación da Orde SND/257/2020, do 19 de marzo, pola que se declara a suspensión de apertura ao público de establecementos de aloxamento turístico:

En consecuencia, tendo en conta o establecido no punto cuarto da Orde SND/257/2020, adóptanse as seguintes medidas:
1. A Comunidade Autónoma de Galicia habilitará, en función das necesidades, establecementos de acollida temporal de garda para as persoas usuarias dos establecementos turísticos e que por diferentes circunstancias tanto persoais como laborais non poidan retornar aos seus domicilios ou lugares de orixe no tempo posterior á fin do prazo establecido para o efectivo peche dos establecementos. Así mesmo, poderán facer uso destes establecementos as persoas e colectivos que se recollen no presente acordo e precisen dunha solución temporal derivado do peche.

2. Poderán permanecer abertos aqueles establecementos turísticos que alberguen clientes que, no momento da declaración do estado de alarma, estean hospedados de
maneira estable e de temporada, sempre que os seus ocupantes conten coas infraestruturas, nos seus propios espazos habitacionais, para poder levar a cabo as actividades de primeira necesidade.

3. Poderán permanecer abertos aqueles establecementos turísticos que sexan necesarios para o aloxamento dos traballadores dos sectores estratéxicos e de primeira necesidade definidos no artigo 18 do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

4. Facilitarase a apertura de establecementos para a acollida de colectivos que polas súas características presenten unha especial vulnerabilidade social (persoas sen fogar, refuxiados, persoas en risco de exclusión, persoas vítimas de violencia de xénero e outros). A Comunidade Autónoma, en coordinación cos servizos sociais dos concellos ou a Administración competente, facilitará a acollida destes colectivos.

5. Os establecementos turísticos de acollida de garda que a Comunidade Autónoma habilite para a atención das situacións sinaladas nos puntos anteriores deberán reunir as seguintes condicións:
– Contar coas infraestruturas necesarias para que os hóspedes desenvolvan nos seus espazos habitacionais as actividades de primeira necesidade ou, se é o caso, acceso a servizos necesarios para a cobertura das necesidades básicas de alimentación, incluída a posibilidade de que no propio establecemento se elaboren comidas para os usuarios, que neste caso deberán repartirse de xeito individualizado e respectando as indicacións das autoridades sanitarias.
– Non superarán o límite dun terzo da súa ocupación.
– Os establecementos turísticos aplicarán estritamente todas as medidas de limpeza e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias.

6. Os traslados necesarios para que as persoas poidan ser acollidas nos establecementos de referencia deberán realizarse segundo as normas de mobilidade en vigor.

Décimo primeiro. Aclaración sobre desprazamentos desde ou ao lugar de traballo:

Aclárase expresamente que concorre causa xustificada que permite a excepción á regra do carácter individual dos desprazamentos nos seguintes casos (con carácter non exhaustivo e, polo tanto, sen prexuízo doutros casos que poidan existir):
– Os desprazamentos desde e ao lugar de traballo en vehículo compartido por máis dun traballador, en sectores críticos para o mantemento dos servizos esenciais e de empresas que son esenciais para asegurar o abastecemento da poboación e os propios servizos esenciais (como, por exemplo, traballadores das compañías enerxéticas para a resolución de avarías, por seren imprescindibles para o mantemento da subministración enerxética, moi especialmente nos hospitais e resto de centros sanitarios, así como tamén ao resto da cidadanía e á industria; traballadores do sector primario –agricultores, gandeiros, sector forestal, conserveiras…–, por estaren vinculados á garantía do mantemento da cadea alimentaria, así como traballadores de transporte, recollida e tratamento de residuos).

O traslado nestes casos pode realizarse a cargo da propia empresa en vehículos compartidos da súa titularidade (microbuses, por exemplo) ou ben compartindo os traballadores vehículo.
O número de persoas que compartan vehículo nos casos antes expresados non poderá superar o número seguinte:
– 2 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 5 persoas.
– 3 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 7 persoas.
– 4 persoas para vehículos cunha ocupación máxima de 9 persoas.
– 30 % da súa ocupación para vehículos cunha ocupación superior a 9 persoas.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200322/AnuncioG0244-220320-1_gl.pdf

 

 

 

 

[Subir]
About the Author


Utilizamos cookies propias y de terceros, analizando sus hábitos de navegación en nuestra página web, con la finalidad de garantizar la calidad, seguridad y mejora de los servicios ofrecidos a través de la misma. En los casos en que el usuario no manifieste expresamente si acepta o no la instalación de las cookies, pero continúe utilizando nuestra página web, se entenderá que éste ha dado su consentimiento, informándole expresamente de la posibilidad de bloquear o eliminar las cookies instaladas en su equipo mediante la configuración de las opciones del navegador. Puede obtener más información a este respecto consultando nuestra “Política de Cookies”

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar